Viewing entries tagged
Michael Kelleher

Unha Conversa con Chus Pato

Unha Conversa con Chus Pato

Chus Pato é unha dos poetas máis significativos escribindo en galego hoxe. Grazas aos esforzos da súa tradutora, a poeta canadense Erín Moure, cinco volumes da súa obra foron traducidos ao inglés, os dous máis recentes sendo Secession / Insecession (BookThug, 2014) e Flesh of Leviathan (Omnidawn, 2016).

Foi case por casualidade que encontrei a súa poesía. Coñecín a Erín no outono de 2017 e ela entregoume tres dos libros que traduciu. Cando lin o verso inicial do primeiro poema en m-Talá(Shearsman / Buschekbooks, 2009) entendía inmediatamente que estaba na presenza dunha gran poeta e pensadora:

pregúntome se nesta frase caben todos os teixos da cidade libre de París, todas as miñas reflexións acerca da linguaxe —a palabra que pecha o edificio lingüístico é a mesma que se abre ao dominio do vento—